Input-output e matriz de contabilidade social

 

AYeconomics emprega algoritmos innovadores para actualizar e dividir por rexións matrices input-output. Ademáis, ampliamos as táboas input-output para análises ambientais ou de residuos e tamén matrices de contabilidade social.


Indicadores en institucións de mercado de traballo

 

Coa colaboración do Instituto de Estudios sobre as Sociedades Mediterráneas (ISSM) – Consello Nacional de Investigación (CNR), estamos desenvolvendo un conxunto de indicadores da Institución do Mercado de Traballo para o Mediterráneo. Nos baseamos na metodoloxía empregada na OECD para a construcción dunha lexislación de protección ao emprego e indicadores de reemprego para axudas aos desempregados para países mediterráneos. A análise destes indicadores pode aportar importantes factores internos da regulación do mercado de traballo nestes países.


Prezos sombra en danos ambientais

 

Os danos ambientais como o cambio climático, a redución da capa de ozono e a formación de partículas non se intercambian nos mercados. Superar este problema supón calcular os prezos sombra, como por exemplo estimar os prezos para bens que non se comercializan nos mercados. Empregamos o método da transferencia de beneficios para a valoración económica do impacto ambiental.