Deselvolvemento, actualización de táboas input-output e posterior uso para a simulación de políticas económicas

 

Co algoritmo desenvolvido por AYeconomics e os seus colaboradores (PATH-RAS), as matrices input-output poden ser actualizadas empregando datos macroeconómicos básicos (produción, valor engadido e demanda final), os cales poden ser obtidos dende as contas nacionais de todos os países. Ademáis, AYeconomics e os seus colaboradores seguen investigando no deselvolvemento de novos algoritmos que podan proporcionar información de calidade e simulacións para aqueles países nos que haxa maiores dificultades para conseguir datos; están nas fases finais do desenvolvemento dun algoritmo que permita a rexionalización de matrices input-output con información limitada.


 

Economía rexional e planificación

 

O programa informático desenvolvido por AYeconomics e os seus colaboradores axudan a avaliar proxectos socio-económicos onde a dimensión xeográfica, a localización da poboación e a súa mobilidade son variables relevantes para a solución do problema. O programa combina información sobre a poboación, economía e xeografía social para elaborar mapas e indicadores asociados que miden a accesibilidade (física, social e económica) e a distribución territorial (equidade no acceso, cobertura máxima). Deste xeito, ao introducir a función obxectivo (equidade no acceso, cobertura máxima, etc.), é posible calcular a localización óptima de hospitais, escolas, farmacias… Ademáis, a implementación deste software permite tomar decisión non soamente como base de necesidades actuáis, senón tamén para necesidades futuras xa que poden incluirse proxeccións de poboación. Deste xeito se poden empregar tanto para identificar deficiencias actuais de servizos públicos (diagnóstico), como tamén para predicir necesidades futuras. .


 

Medioambiente e mercado de traballo

 

AYeconomics ten extensa experiencia relación co mercado de traballo e temas ambientais. Os derradeiros proxectos foron a Demostración do proceso de re-uso do WEEE encamiñados á proponer políticas regulatorias dacordo coa lei da UE (ECORAEE) e o Impacto Macroeconómico da Discriminación de Xénero (IMAGEN).
No proxecto ECORAEE, abordamos a análise do Coste-Beneficio para determinar a conveniencia dos plans de re-uso e procesos de reciclaxe de ordenadores en España. Máis información na páxina web do proxecto.
No proxecto IMAGEN analízase en detalle as diferentes dimensións interactivas de desigualdade de xénero comoson: salarios, ocupación, emprego, mobilidade, educación, usos de tempo e saúde, en particular se busca identificar as interrelacións entre eles. Máis información na páxina web do proxecto.