Como estamos ver nas noticias estes días, Alcoa anuncia o peche da planta de aluminio primario do complexo San Cibrao. En outubro do ano 2018 foi anunciado o peche da planta de A Coruña, e moi recentemente, en maio de 2020, anúnciase o peche desta planta en San Cibrao. A localización especial desta empresa na Mariña lucense fai que as consecuencias sociais e económicas do seu posible peche poidan ser nefastas no seu entorno máis próximo. Para ter unha idea do alcance das mesmas, AYeconomics en colaboración co Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) analizamos o impacto económico do peche do complexo en San Cibrao. Neste primeiro post publicamos os resultados do impacto en Galicia e no próximo post coa incidencia deste na provincia de Lugo e en particular na Mariña Lucense.
Ademais do impacto directo derivado do peche da fábrica (posto de traballo perdidos e produción da mesma), deixar de producir calquera ben o servizo ten efectos indirectos, os que identificamos co volume de actividade xenerado polos bens e servizos que son utilizados como consumos intermedios por Alcoa para levar a cabo a súa produción. O mais evidente destes consumos, a enerxía eléctrica. Se Alcoa non produce, a produción de enerxía eléctrica vaise resentir inmediatamente, polo menos no corto e medio prazo, e so podemos pensar sen certa recuperación se atopamos consumidores substitutivos (o que parece moi difícil polo menos na mesma area económica), e así con todos os consumos intermedios da empresa. Pero seguramente o impacto más relevante a medio e longo prazo sexa o denominado efecto inducido, que é o argumento principal detrás da forte reacción da zona o peche da planta. A perda de postos de traballo directa e indirecta supón unha caída na renda dispoñible da area de residencia dos traballadores actuais de Alcoa e dos seus provedores afectara a demanda de consumo das familias e suporá unha nova caída na demanda agregada e na produción. Aínda que momentaneamente o sistema de protección social (ERTE, seguro de desemprego) mitigara este efecto a falta de alternativas certas na zona podería supoñer como anuncian os vídeos (https://www.lavozdegalicia.es/video/amarina/2020/06/02/video-hijo-trabajador-alcoa-deberia-ver-pedro-sanchez/00311591089550981465491.htm) dos fillos e netos dos traballadores un forte proceso migratorio de xeito case inmediato, aumentando aínda mais a incidencia socioeconómica do peche.
Para calcular estes 3 efectos botamos man da metodoloxía Input-Output. Partindo dun modelo input-ouput elaborado para a economía galega a partir dos datos procedentes da ultima tabla input-ouput dispoñible (IGE, 2020) os impactos directo, indirecto e inducido calcúlanse seguindo unha metodoloxía estándar moi contrastada academicamente e que consta de dúas fases.
Primeiro identificamos o peso que ten esta empresa no sector da metalurxia en Galicia tanto nas exportacións como na produción. Estes cálculos facémolos a partir dos datos do SABI e dos datos de comercio exterior e produción que facilita o IGE. Nun segundo paso, unha vez sabemos o peso de Alcoa simulamos un impacto na demanda de alumino galego polo valor da produción total de Alcoa, e decir, reducimos o consumo final e as exportación no modelo input-ouput por ese valor e a partir dos efectos multiplicadores de produción e emprego obtemos unha estimación do peche de Alcoa en termos de produción, VAB e emprego (Taboa 1). Para o emprego mostramos os resultados en termos de persoas ocupadas e posto de traballo equivalente a tempo completo. Aínda que o importante é saber o número de persoas afectadas, a nivel de comparabilidade é moito máis preciso o concepto de posto de traballo equivalente a tempo completo, que compara o traballo segundo o número de horas a tempo completo independentemente de que sexa realizado por máis dun traballador.
Aínda que os efectos agregados sobre o total de Galicia semellan moi pequenos (0.59% da produción e 0.41% do VAB), hai que ter en conta que estamos medindo o efecto dunha única empresa sobre o total da rexión e que este efecto agregado concentrado nun entorno xeográfico e económico reducido poden ser de enorme magnitude.
Produción | VAB | Ocupados | Postos de traballo | |
Directo | 0.27 % | 0.10 % | 605 | 598 |
Indirectos | 0.21 % | 0.18 % | 1078 | 987 |
Directo + Indirecto | 0.48 % | 0.28 % | 1683 | 1585 |
Inducidos | 0.11 % | 0.14 % | 1546 | 1326 |
Total | 0.59 % | 0.41 % | 3329 | 2911 |
Tamén é importante ver cales son os sectores máis afectados pois a magnitude do impacto é completamente distinta. En termos de valor engadido e produción o sector máis afectado é a lóxicamente a metalurxía posto que recibe o impacto directo. A perda asociada a este sector a nivel galego calcúlase nun 9% da produción e un 17% do valor engadido. Tamén compre destacar os efectos que se producirían en sobre o sector enerxético, debido a importante demanda de enerxía desta industria, e que se estima que tería caídas en torno ao 2% tanto en termos de produción como de valor engadido. Posto que o sector enerxético é moi intensivo en capital esta posible caída da produción e o valor engadido derivada do peche de Alcoa non se reflexa en termos de postos de traballo, e serían outros os sectores máis afectados.
En termos de perda de postos de traballos os sectores máis afectados serían distintos se calculamos ademais os efectos inducidos. Cos efectos indirectos os sectores máis afectados en termos de postos de traballo son aqueles vinculados a produción de Alcoa: Transporte, Actividades auxiliares ás empresas, Comercio por xunto, reparación de maquinaria ou construción. Cando incluímos os efectos inducidos (producidos polos descenso do poder adquisitivo dos fogares que perden os seus postos de traballo) o sectores máis afectados son completamente distintos e están relacionados coas actividades nas que os fogares gastan principalmente a sua renda como son o Comercio polo miúdo, Servizos derivados da administración publica, sanidade, restauración, etc.
O efecto conxunto será unha combinación de ambos efectos. Polo tanto, os sectores afectados non serán só aqueles vinculados a industria do aluminio senon tamén aqueles nos os que os fogares gastan principalmente a súa renda. Este efecto será máis intenso canto máis concentrados estean os efectos indirectos nunha area.
Polo tanto, compren solucións a este problema tanto a curto prazo (pois estes efectos irían combinados con todos os que se arrastrarán en Galicia como consequencia do COVID) como a longo prazo para asegurar a sostenibilidade desta área.