AYeconomics é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela que proporciona análises precisas para a toma de decisións baseados en metodoloxías innovadoras que permiten realizalos mesmo en condicións de escaseza de datos e adaptados ao seu contexto local.
Cales son as características principais do posto?
AYeconomics está a desenvolver un novo produto no marco do programa NEOTEC financiado por CDTI, que consiste nunha ferramenta de avaliación (aplicación) para a toma de decisións de xestión tanto no ámbito público ou privado. Esta aplicación construirase sobre os algoritmos cos que conta empresa que permiten a avaliación do impacto económico a nivel local con pouca información. O potencial candidato ou candidata terá as habilidades para desenvolver unha interface intuitiva e sinxela baseadoa no código co que conta a empresa.
Que buscamos?
Experiencia ou coñecemento en Python
Que outros aspectos valoramos?
- Coñecementos en:
- R
- Outras linguaxes para desenvolvemento de interfaces
- WordPress ou desenvolvo web
- Algún software que utilice datos xeográficos – GIS
- Ser unha persoa creativa
- Ter facilidade para crear contido escrito
- Saber traballar de maneira independente e en equipo
- Nivel alto de inglés
Que ofrecemos?
- Contrato: de carácter temporal por 6 meses, prorrogable ata un ano
- Salario: 24.600 euros brutos anuais
- Tipo de emprego: Xornada completa
- Lugar de traballo: Santiago de Compostela
Por favor, se che gustaría formar parte do noso equipo, envíanos o teu CV a info@ayeconomics.com antes do 26 de marzo. Os candidatos e candidatas seleccionadas serán convocados a unha entrevista en liña.