Oferta deseñador/a
AYeconomics é unha peme innovadora certificada polo Ministerio de Ciencia e Innovación, que naceu como spin-off da Universidade de Santiago de Compostela. Realizamos análises precisas para a toma de decisións baseadas en metodoloxías innovadoras. Estas metodoloxías permiten realizar as análises mesmo con escaseza de datos e adaptadas ao contexto local.
Cales son as características principais do posto??
AYeconomics está a desenvolver un novo produto no marco do programa NEOTEC financiado por CDTI, SMART-TIO, que consiste nunha ferramenta de avaliación (aplicación de escritorio) para a toma de decisións de xestión tanto no ámbito público ou privado. O potencial candidato ou candidata terá as habilidades crear e mellorar a apariencia da interface que está a desenvolver o equipo de IT, así como toda a documentación de soporte do produto. Máis concretamente, as tarefas a desenvolver no proxecto son as seguintes:
- Refinamento estético da interface e acabados
- Definición técnica dos compoñentes
- Deseño dunha aplicación de escritorio e da páxina web que dará soporte ás descargas do produto
- Deseño de materiais de soporte do producto (manual, estudos de caso)
- Colaboración no deseño dun video explicativo do producto
- Deseño da estratexia e materiais para obter retroalimentación
Que buscamos?
Unha persoa creativa con titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño que teña coñecementos previos no deseño de interfaces gráficas, tendo habilidades para realizar prototipos baseándose nos principios de deseño interactivos.
A persoa deberá ter rematados os estudos universitarios.
Ademais, para o posto será necesaria a fluidez en inglés para poder crear contidos na interface da aplicación.
Que outros aspectos valoramos?
- Coñecemento en usos de programas para facer mockups como Balsamiq wireframes
- Ter nocións sobre linguaxes relacionados coa programación coma HTML, CSS, JS ou Python
- Coñecementos en WordPress
- Ter facilidade para crear contido escrito
- Saber traballar de maneira independente e en equipo
Que ofrecemos?
- Salario bruto anual: 24.600€
- Tipo de Xornada: Completa
- Centro de traballo: Santiago de Compostela
- Duración:
- Data Comezo: Incorporación inmediata
- Duración estimada do contrato: Un ano
Se che gustaría formar parte do noso equipo, envíanos o teu CV e portfolio a info@ayeconomics.com antes do 27 de setembro ás 12:00. Os candidatos e candidatas seleccionadas serán convocadas a unha entrevista en liña. No proceso de selección tamén será necesario facer un exercicio práctico.